Apiario, unha editorial baseada na comunidade

Nace Apiario, un selo editorial independente promovido por Antía Otero e Dores Tembrás.

Non hai dúbida de que son tempos complexos para o mundo do libro, e máis o escrito en galego. Aínda así, sempre están a saír novos proxectos cheos de ilusión e de esperanza que tratan de sacar á luz a voz de creadores e creadoras emerxentes. Este é o caso de Apiario, un novo selo editorial promovido por dúas poetas, Antía Otero e Dores Tembrás, que será presentado en sociedade este martes 18 de novembro, ás 20.00 h, na Linda Rama.

A editorial Apiario presentarase o 18 de novembro no café Linda Rama

A editorial Apiario presentarase o 18 de novembro no café Linda Rama

“Unha editora nace porque un busca ver realizados aqueles libros que realmente quere. As dúas buscábamos darlle importancia ó obxecto: ó papel, ó traballo do encadernador, ó cosido e á impresión. A nós fascínanos o traballo de edición”, coméntanos Dores Tembrás, unha das impulsoras desta editora que pretende dar prioridade ós novos talentos e a xente nova nun formato moi coidado.

Apiario, concepto procedente da apicultura, representa a filosofía da iniciativa, baseada no peso da comunidade creadora, o traballo do artesán e a comunicación para a produción do libro.

As tres liñas de publicación que estarán dispoñibles, polo de agora, levarán tamén nomes referidos ao mundo das abellas: Cera Labrada, para poesía; Niño de Abella, adicado o libro infantil) e Abella Mestra, publicacións de ensaio e divulgación. Das dúas primeiras coleccións pronto estarán á venda, para a campaña de Nadal, os primeiros títulos: Celebración, do poeta Gonzalo Hermo e Porque Cuqui non quere ir á lavadora, un libro infantil de María Lado, ilustrado por Yanina Torres.

A acción deste selo non só se centra na publicación de novos títulos, dos que se “escollera moito e publicaremos moi pouco”, afirma Dores, tamén existirá un área de traballo relacionada coa formación na técnica da escrita, ámbito no que tanto Antía Otero como Dores Tembrás contan cunha longa traxectoria.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>