Aldaolado no Fórum Metropolitano

Co gallo do Día do Libro, Aldaolado presenta Con dez poemas por barba no Fórum Metropolitano da Coruña ás 19.00. Falamos con Lucía Aldao.

22Abr19:00Recital de poesía: Con dez poemas por barba19:00 Calle Río de Monelos, 1, 15006 La CoruñaFórum MetropolitanoEvent Type :Letras

Gústannos porque os seus non son recitais poéticos convencionais. Si, Lucía Aldao e María Lado recitan. Pero son un espectáculo. “En realidade somos dúas poetas recitando os nosos textos, e aí non hai moita innovación ou orixinalidade”, explica Aldao. “O que intentamos facer neles é achegar a poesía a un público máis amplo “adornando” o recitado con música, que sempre presta, ou con historias que nos serven para introducir os poemas e facelos máis próximos á xente”.

Unha mistura de poesía, humor, música en directo, xogos e historias. Lucía Aldao e María Lado, Aldaolado, rompen coa imaxe tradicional e achegan, coas súas actuacións, unha visión moito máis comunicativa e cercana da poesía.

Lucía Aldao e María Lado son Aldaolado

Lucía Aldao e María Lado son Aldaolado. Foto: Bárbara Vilariño.

Co gallo do Día do Libro, o vindeiro día 23 de abril, presentan na Coruña Con dez poemas por barba. “Sempre bautizamos os recitais con nomes máis ou menos simpáticos. No caso deste, nin temos barba nin creo que cheguemos a ler dez poemas cada unha, así que é unha mentira que agardamos que a xente esqueza en canto acabe o recital”.

Con dez poemas por barba trátase dun espectáculo pensado para aqueles que desconfían da lírica e no que atoparemos unha escolma dos seus poemas máis significativos, así coma unha revisión dalgúns dos seus momentos máis especiais como poetas e músicas. Ou, como dí Lucía, “todo novidades para que nunca nos viu, e todo miticadas para quen xa nos viu algunha vez”.

Dende o seu primeiro recital Onde estea un cubata que se quite un soneto (2005), Lucía Aldao e María Lado non deixaron de crear e desolemnizar a poesía.  Os seus recitais son amenos, cheos de ritmo, adaptados a todas as circunstancias e nos que o espectador non bota en falla as emocións e as risas. “Intentamos sempre estar bastante atentas ó que pasa ó outro lado dos micros, se a xente que se achega non o pasa ben, nós aquí non pintamos nada”. Ó fin, a poesía en directo, como di ela, é iso: “compartir e intentar que chegue ó público”.

A entrada para o recital Con dez poemas por barba é de balde. “Que aproveiten e veñan mañá” lembra Aldao, “outras veces imos a prezo de cubata e iso son moitos cartos de dios”. A cita, ás 19.00 no Fórum Metropolitano.

Pin It

2 Comentarios sobre “Aldaolado no Fórum Metropolitano

  1. Mais le compromis de chaussures légères est moins rembourrage ou "soutien". Les 255s route X, qui a coûté $ 110, n’ont presque pas de coussin. Je suis un fan de ce style minimaliste. Les coureurs qui ont besoin de plus cush devraient regarder une autre chaussure.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>