Outros corpos, outras historias

O Novembro LGTBI, promovido polo Concello da Coruña, ofrece sesións participativas de contacontos sobre distintos modelos de sexualidade e familias para pais, nais e rapaces entre 4 a 12 anos. 

Pedro Brandariz

Pedro Brandariz

Desde hoxe ata o vindeiro sábado Contando en familia levará oito obradoiros de contacontos ós centros cívicos na cidade. Pedro Brandariz, profesional de perfil diverso, entre actor e contacontos, é un dos narradores que amosará, dun xeito participativo e dinámico, que hai outros corpos, outros modelos de familia… E que todo isto son outras historias.

Pais e nais que desexen vir coas crianzas aínda poden reservar praza de xeito gratuíto nos centros cívicos para as sesións da vindeira semana.

PREGUNTA – Que atoparán as familias con rapaces que se acheguen ás sesións de Contando en familia?

RESPOSTA – Diversión e didáctica. Non van atoparse só con contos, e iso que fago un inciso para subliñar a grande cantidade de literatura, especialmente infantil, que hai con temática LGTB. Ademais dos relatos tamén incitamos á participación da familia ó completo: comezamos cun exercicio para saber desde onde partimos, que é incitar a imaxinar unha familia ideal, e a partir de aí, empregando revistas, desmontamos moitas ideas preconcebidas e vemos que a realidade é moito máis rica e diversa.

P. -Este ano, como novidade, abránguese a realidade “i” ó LGTB: a intersexualidade. De que xeito vai estar presente nos obradoiros?

R. – Os contos son unha excusa para narrar unha realidade que debe ser contada con toda a naturalidade do mundo. Cremos, polo que vemos nos distintos obradoiros, que xa non existe un modelo tradicional de familia, e que a tolerancia vai en aumento. Non obstante, aínda perduran estereotipos sobre o xénero que pesan moito, nomeadamente nestas datas próximas ó Nadal. Por iso faremos unha reflexión sobre o sexismo que marca desde a infancia con algo tan aparentemente inocente como os xoguetes, xa deseñados de xeito excluínte para nenos e para nenas, e desbotaremos ideas que limitan o concepto do amor como o príncipe azul ou a media laranxa.

P. – Contando en familia non só se dirixe ás persoas de 4 a 12 anos… Pais e nais tamén poden extraer ensinanzas destes relatos?

R. – Pensamos que só os máis pequenos poden ser educados… E iso é un erro. Todos temos idade para seguir aprendendo, e máis se, como é o caso, falamos de cuestións de tolerancia. Os obradoiros non están dirixidos unicamente ós pequenos, queremos que sexa unha experiencia grupal.

Contando en familia

[add_single_eventon id="8622" ][add_single_eventon id="8623" ][add_single_eventon id="8624" ]

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>