NORMAL aposta polas artes en movemento.

As artes escénicas e as performance tomarán o Segundo Andar da NORMAL neste comezo de curso.NORMAL UDC

As artes en movemento chegan este comezo de curso ao Segundo Andar do espazo de intervención cultural da UDC, NORMAL. Este edificio, que pretende ser un lugar de encontro entre creadores, acollerá de setembro a outubro as performances, as artes en movemento e a creación contemporánea de varios artistas galegos e dunha convidada internacional.

A meirande parte dos artistas participantes nesta serie de actividades e actuacións foron, nalgún momento, residentes no espazo heteroxéneo e multidisciplinar que proporciona NORMAL. Entre as artistas e os artistas locais atoparemos: a bailarina Andrea Quintana e o seu Angel Cojo; a danza contemporánea de Javier Martín cos seus espectáculos Fulcro e Que volvan as flores, neste último participa tamén a artista residente Rut Balbís; Carolina Fernández con Mi manera de hacer el indio; a performance mo-Vernos (En busca del cuerpo perdido) de Marta Cuba e Miguel Alonso; ou Olivia necesita de verán, das tamén artistas residentes Ánxela Blanco e Fabiana Corrêa. Todos os espectáculos teñen entrada de balde.

Violeta Luna

Violeta Luna

Como artista internacional invitada estará a mexicana Violeta Luna, actriz, artista da performance e activista. O seu traballo céntrase na relación entre a performance, as artes vivas e o teatro comunitario. Luna impartirá un obradoiro sobre a performance entre os días 22 e 24 de setembro que leva por título: Corpo/acción: camiños cara unha cartografía persoal. É necesaria inscrición previa para asistir a este taller. A propia artista representará o seu espectáculo Apuntes sobre la frontera.

 

- 22-24 SETEMBRO, 17.00 a 21.00 H.

Obradoiro de performance

Corpo/acción: camiños cara unha cartografía persoal (Violeta Luna)

Inscrición previa do 1 ao 18 de setembro.

- 25 SETEMBRO, 20.00 H.

Performance

Apuntes sobre la frontera

Violeta Luna (Artista convidada)

- 29 SETEMBRO, 20.00 H.

Ensaio coreográfico

Angel cojo

Andrea Quintana (Artista Residente)

- 30 SETEMBRO, 16.30 a 19.30 H.

Mesa de traballo

Arredor das residencias artísticas

- 2 OUTUBRO, 20.00 H.

Artes do movemento

Fulcro

Javier Martín (Artista convidado)

Danza contemporánea

Que volvan as flores

Rut Balbís (Artista residente)

- 3 OUTUBRO, 20,00 H.

Performance

mo-Vernos (En busca del cuerpo perdido)

Marta Cuba (Artista residente) e Miguel Alonso (Artista convidado)

Proceso aberto

Olivia necesita verán

Ánxela Blanco e Fabiana Corrêa (Artistas Residentes)

Work in progress

Mi manera de hacer el indio

Carolina Fernández (Artista Residente)

 

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>