III Festival Arte Pola Igualdade

O Teatro Colón acolle este xoves o III Festival Arte Pola Igualdade, protagonizado polo alumnado do Centro de Educación Especial María Mariño e o Conservatorio Profesional de Música da Coruña. 

22Maio

III Festival Arte pola Igualdade19:00 Avenida de la Marina s/n, 15003 A CoruñaTeatro ColónTipo de evento:FamiliarMúsicaTeatro

Presentación Festival Arte pola igualdade. Foto: Consellería de Cultura.

Presentación da terceira edición do Festival Arte pola igualdade. Foto: Consellería de Cultura.

O III Festival Arte pola Igualdade é un espectáculo para todos os públicos que ten como protagonista ao alumnado do Centro de Educación Especial María Mariño e do Conservatorio Profesional de Música da Coruña. A proposta, organizada en colaboración xunto á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, trata de visibilizar o traballo destes centros, amosando o potencial creativo e artístic do alumnado.

Trátase dun espectáculo con teatro e música no que participarán deceas de alumn@s destas institucións educativas. O alumnado do María Mariño porá en escena a peza de Manuel María O meu reino non é deste mundo, mentres que o do Conservatorio Profesional de Música interpretará Os tres galeguiños, de I. Groba; Gallaecia, de J. Bugallo; Rapsodia galega nº1, de E. García Rey; Muiñeira dos pendellos, de Juan Lois, e Ponteareas, de R. Soutullo.

A entrada é de balde ata completar a capacidade do teatro e pódese retirar na taquilla do teatro. 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>