II Festival de Internacional de Títeres de A Coruña

A sala Gurugú  acolle o II Festival de Internacional de Títeres de A Coruña, que terá lugar ao mesmo tempo que o xa consolidado festival compostelá Galicreques, do 27 de setembro o 5 de outubro.

II Festival de Titeres de A Coruña

II Festival de Titeres de A Coruña

Durante o último fin de semana de setembro e o primeiro de outubro, a sala Gurugú acollerá o  II Festival de Internacional de Títeres de A Coruña, un festival independente pero que bebe directamente da programación realizada no Festival Internacional Galicreques que terá lugar en Compostela durante as mesmas datas e que xa conta co dezanove anos de vida.

A primeira edición do festival coruñés realizouse no 2012. Esta segunda mostra contará coa presenza de catro grupos internacionais chegados de lugares tan distantes como Arxentina, Rusia ou Brasil. Xunto a eles estará tamén o grupo valenciano Teatro la Estrella.

Para a sala Gurugú, que cumpre con este tres anos de vida, o Festival de Internacional de Titeres abre a programación familiar que este espazo ten preparado para este novo curso.

El investigatopo. Foto: Sala Gurugú.

El investigatopo. Foto: Sala Gurugú.

O II Festival Internacional de Títeres de A Coruña conta co apoio da AGADIC e o concello da Coruña, ademais colaboran na súa organización a asociación socio-cultural e das artes EXEMPLA e a asociación de santiago Barriga Verde, organizadora de Galicreques.

Aquí vos deixamos as actuacións que terán lugar o 27 e 28 de setembro e o fin de semana do 3 ao 5 de outubro. Todos os pases serán ás 19:00 h o aforo é limitado e a entrada é de 5 €.

27Setem19:00II Festival Internacional de Títeres da Coruña: La revolución en la cocina19:00 Agra do Orzán, 3. A CoruñaSala GurugúEvent Type :FamiliarTeatro

28Setem19:00II Festival Internacional de Títeres da Coruña: El investigatopo19:00 Agra do Orzán, 3. A CoruñaSala GurugúEvent Type :FamiliarTeatro

3Outubro19:00II Festival Internacional de Títeres da Coruña: Mi amor es un colador19:00 Agra do Orzán, 3. A CoruñaSala GurugúEvent Type :FamiliarTeatro

4Nov19:00II Festival Internacional de Títeres da Coruña: Circus on the strings19:00 Agra do Orzán, 3. A CoruñaSala GurugúEvent Type :FamiliarTeatro

5Dec19:00II Festival Internacional de Títeres da Coruña: Los músicos de Bremen19:00 Agra do Orzán, 3. A CoruñaSala GurugúEvent Type :FamiliarTeatro

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>