Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña

A Coruña é vida, e a vida é puro teatro. Non podemos asegurar que a orde dos factores poida alterar nesta ocasión o producto final, nembargantes sabemos que a esencia da ilusión e traballo tanto enriba do escenario no Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña como a cotío na cidade, semella a mesma.

Fiteuc Teatro Coruña 2014

Un ano máis o FITEUC, o Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña, chega aos grandes escenarios da cidade. Con esta suman 21 as edicións nas que numerosos membros das comunidades universitarias representan as inquedanzas ou esceas cotidiás imaxinadas polos seus autores, en moitos casos os propios directores.

Neste 21º  FITEUC atoparemos dúas artes escénicas protagonistas, o teatro e a danza. Esta última terá un importante papel este ano grazas ao especial FITEUC Danza, celebrándose os días 7 e 8 de abril no Fórum Metropolitano, unha das tres sedes desta edición xunto  ao edificio NORMAL e o Teatro Rosalía. Compre subliñar que, inda que a entrada para todas as representacións é de balde, recomendámosvos que non teñades preguiza á hora de acudir aos auditorios e o fagades con antelación: os espectáculos do Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña rexistran unha grande afluencia de público pola súa calidade e adicación dos seus protagonistas.

NORMAL UDC

Algunhas das obras que poderemos desfrutar no FITEUC entanse a representar estes días nos distintos festivais de teatro universitario de Galicia, como Miosotis (Non me esquezas), que abre o Festival de Internacional de Teatro Universitario da USC; Café Liberdade, da Aula de Teatro Universitaria Maricastaña de Ourense, ou Apnea, variación 2ª, da Aula de Teatro da USC, que estrenouse no mes de decembro e tamén participou no festival Olladas de Muller. A representación local chega pola banda de TeatroNormal da UDC coa obra Nocturnos.

Longa vida á danza e ao teatro…universitarios!

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>