Comeza o Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña

Co mes de abril volve FITEUC, o Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña, que terá lugar no Teatro Rosalía, Ágora, Fórum Metropolitano e Teatro Colón.

 

Cita-con-el-teatro

O Teatro Rosalía acollerá o FITEUC Danza. Foto: Cris Andina.

Abril é o mes por excelencia da cita do teatro amador universitario coas tablas. O Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña, FITEUC, volve chamar ás portas da cidade. O encontro, artellado pola Aula de Teatro e Danza da UDC, terá lugar no Teatro Rosalía, Ágora, Fórum Metropolitano e Teatro Colón desde hoxe até o vindeiro día 15 de abril, remantando xusto o día anterior ao comezo da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense, MITEU.

A entrada para os espectáculos do FITEUC é gratuíta e libre ata completar o aforamento, mais no Teatro Colón retiraranse as entradas no despacho de billetes antes da función.

O Festival de Teatro comezará coa interpretación de A historia de Sweeney Todd, o barbeiro diabólico da rúa Fleet de Christopher Bond, nunha adaptación libre do libreto musical de Sondheim por parte de Roberto Salgueiro, da Aula de Teatro da USC. A cita será hoxe, ás 20.30 horas, no Ágora.

sweeney todd da Aula de Teatro da USC

A Aula de Teatro da USC representa A historia de Sweeney Tood, o barbeiro diabólico da rúa Fleet nunha adaptación libre de Roberto Salgueiro. Foto: Blog da Aula de Teatro da USC.

O martes, día 7, será a estrea no Fórum Metropolitano co grupo de teatro da Nova da Universidade de Lisboa, que interpretará Ecstasy, de Irvine Welsh. O mesmo espazo acollerá o día 10 a representación de III, unha dramaturxia de Fernando Dacosta a partir do Ricardo III de William Shakespeare. Maricastaña, o grupo de teatro da Universidade de Vigo, levará á escea a obra.

O Grupo de Teatro da Nova da Universidades de Lisboa representará Ectasy. Foto: Facebook do GTdaNova,

O Grupo de Teatro da Nova da Universidades de Lisboa representará Ecstasy. Foto: Facebook do GTdaNova.

Tamén no espacio sociocultural do Parque Europa será a estrea de Salas de espera, de Corifeo Teatro da USC. Inclúe as pezas Manual de instrucciones, de Laura Mariño a partir de textos de Julio Cortázar; 3 es número primo, de Nuria Calvo; O que queda dos que agardan, de Dafne Míguez; e Golpes Bajos, de Óscar Vergara.  Finalmente, e como colofón final, o día 15 a Aula de Teatro Normal da Universidade da Coruña estreará Augusta, de Carlos Losada, no Teatro Colón.

augusta UDC

A danza tamén participa no FITEUC

O Teatro Rosalía será o espazo que acolla esta edición o FITEUC Danza, collendo o testigo do Fórum Metropolitano. O mércores 8 e o xoves 9 celebraranse os encontros que xiran ao redor do movemento do festival universitario.

O primeiro encontro, do día 8, estará protagonizado polas obras Cinta, do grupo D-Ou-Tras (Universidade de Vigo); Mentres tanto, un segundo, da Compañía de Danza da Universidade de Santiago de Compostela; e Paisaxes en construción, da Aula de Danza NORMAL UDC.

A segunda cita coa danza será o xoves 9. Sinfonía do empuxe, de I+Danza UDC; El Nido, de Mudanza UDC, e A casa do vestido castanho, de TeatrUBI, Universidade da Beria Interior de Covilhâ (Portugal) pecharán o encontro.

FITEUC 22

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>