Ciclo de Teatro Afeccionado Candilejas Don Bosco

O Teatro Colón acolle cinco obras do XVII Certame de Teatro Candilejas Don Bosco durante o mes de xullo.

Ao longo da primeira quincena de xullo, as táboas do Teatro Colón da Coruña acollerán moita ilusión e moito amor polo escenario, coas representacións amateur que se sucederán dentro do Ciclo de Teatro Afeccionado Candilejas Don Bosco, o colofón ao XVII Certame de Teatro Candilejas Don Bosco.

XXIV Certamen de Teatro Candilejas Don Bosco.

Cartel XXIV Certamen de Teatro Candilejas Don Bosco.

Este ciclo de teatro escolar naceu no 1998 por iniciativa do grupo teatral Candilejas Don Bosco, pertencente ao colexio Calvo Sotelo da Coruña. Dende entón, xa son catorce as edicións e ducias as representacións nas que participaron centos de mozos con idades comprendidas entre os 14 e os 35 anos.

O obxectivo do certame é visualizar o traballo feito polos grupos de teatro escolar, unha actividade educativa complementaria, pero esencial, no desenvolvemento da personalidade, coñecemento e sociabilidade dos alumnos. Este ano foron 102 os grupos de teatro de diferentes centros educativos de toda Galicia que, dende abril, participaron neste XVII Certame, representando as súas obras no salón de actos do colexio Calvo Sotelo.

Celebradas os pasados 21 e 22 de xuño as galas finais, cinco foron as obras seleccionas polo xurado, dentro das distintas categorías, para seren representadas nun dos teatros máis emblemáticos da cidade: o Teatro Colón.

teatro colónO programa permitirá asistir á representación dun conto infantil, O gato con Botas (CEIP Tarrío de Culleredo); un musical: Musical Annie (Centro Liceo de A Coruña); unha viaxe á prehistoria con Os cavernícolas (Teatro Vagalume Animación de Carballo), a adaptación shakesperiana de Noites de Amor e Troula (Grupo Arjé Teatro de Pontedeume) e a comedia sobre corrupción Los Caciques (Grupo de Teatro Artesán de Sada).

1Xullo

Teatro: O gato con botas20:30 Avenida de la Marina s/n, 15003 A CoruñaTeatro ColónTipo de evento:Teatro

 

2Xullo

Teatro: Annie (O musical)20:30 Avenida de la Marina s/n, 15003 A CoruñaTeatro ColónTipo de evento:Teatro

 

8Xullo

Teatro: Os cavernicolas20:30 Avenida de la Marina s/n, 15003 A CoruñaTeatro ColónTipo de evento:Teatro

 

15Xullo

Teatro: Os caciques20:30 Avenida de la Marina s/n, 15003 A CoruñaTeatro ColónTipo de evento:Teatro

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>