Xornadas de Anime MANGALEGO

As VII Xornadas de Anime Mangalego chegan ao Fórum Metropolitano da Coruña con novidoso contido recén chegado do Xapón.

Mangalego2Tras a finalización de Viñetas desde o Atlántico e Autoban o mes de agosto segue a ser tempo de banda deseñada e contido gráfico na Coruña. Aínda que desta vez o protagonista será o Anime, as series de animación xaponesas.  Organizado pola asociación Mangalego xunto ás librarías especializadas da cidade, Metrópolis e Alita, o Fórum Metropolitano acollerá durante tres días as VII Xornadas de de Anime Mangalego.

Dende hoxe, ata o próximo día 21 de agosto os afeccionados poderán gozar de novidoso material non licenciado e de recente estrea no Xapón  que se proxectará subtitulado. En concreto 18 capítulos de series e 3 longametraxes.

Entre as filmacións de cada día tamén haberá tempo para un trivial do manga, concursos de karaoke e un concurso de cosplay o derradeiro día, o 21.

Os horarios das proxeccións serán en horario de mañá de 11:00 a 13:00 h e de tarde de 16:00 a 20.30 h na sala sala Fernando Rey do Fórum Metropolitano.

19AgosTodo o díaXornadas de anime MANGALEGO(Todo o día: Martes) Calle Río de Monelos, 1, 15006 A CoruñaFórum metropolitanoEvent Type :AudiovisualEncontros
20AgosTodo o díaXornadas de anime MANGALEGO (Todo o día: Mércores) Calle Río de Monelos, 1, 15006 A CoruñaFórum metropolitanoEvent Type :AudiovisualEncontros
21AgosTodo o díaXornadas de anime MANGALEGO (Todo o día: Xoves) Calle Río de Monelos, 1, 15006 A CoruñaFórum metropolitanoEvent Type :AudiovisualEncontros

O Fórum Metropolitano acolle a celebración das VII Xornadas Mangalego. Foto: Chano Amado.

O Fórum Metropolitano acolle a celebración das VII Xornadas Mangalego. Foto: Chano Amado.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>