Semana mutante co Festival de Cinema Fantástico da Coruña

A Coruña celebra o Festival de Cinema Fantástico do 22 ao 26 de outubro. Coidado coas pipocas, aos percebes mutantes gústalles xogar ás agachadas!

fkm 2014
Se vostede cre que o ano pasado atopou un zombie gaiteiro polas rúas da Coruña, que saiba que non foi un pesadelo. Moito ollo se estes días vai ao cine: pode ser que atope un crustáceo mutante escondido nas pipocas. Un percebe con dentes no capítulo é a  imaxe do Freakmacine, o Festival de Cinema Fantástico da Coruña que celebra estes días a súa cuarta edición.

FKM é xa unha referencia na cidade para o público que disfruta co cine fantástico, de terror ou ciencia ficción; satisfacendo unha demanda non cuberta nas pantallas da Coruña até o seu nacemento, como explica o seu codirector Tonecho Otero. Nesta nova ocasión, repite sedes (CGAI, MAC, Fundación Luis Seoanes, Cantones Cines) e engade a zona por excelencia para disfrutar dun roteiro vermú xunto as atochas: Plaza de España. Tamén contará con invitados de excepción, como son Colin Arthur, artista con máis de 50 anos de experiencia no mundo do maquillaxe e SFX na industria norteamericana, e coa actriz May Heatherly, un mito do cinema de terror e, posteriormente, do despate español. No Festival de Cinema Fantástico da Coruña tamén terán presenza críticos e expertos no eido cinematográfico, coma Alberto Ruiz de Samaniego ou José Manuel Sande, e Marc Carrete, que presentará a súa primeira longametraxe, Asmodexia.
freakmacine
O FKM comezará coa videoregueifa protagonizada polo iustrador David Rubín e o rapeiro Hevi. Baixo o título “mutantes e mutacións”, ofrecerán unha versión dos video playlist na que misturan espectáculo, show e moito humor, así como a inauguración da mostra Reflejos del abismo do tamén ilustrador, neste caso coruñés, Luis Sendón. As dúas actividades terán como sé a Fundación Luis Seoane. Outro museo da cidade, o MAC, ofrecerá obradoiro de maquillaxe con Colin Arthur e acollerá as proxeccións infantís e a ceriminonia de clausura. Mentres, no CGAI e nos Cantones, poderemos disfrutar das curtas e longametraxes, así coma da homenaxe ao Marques de Sade. Este ano celébrase o 200 aniversario do seu pasamento.

Pero unha das actividades máis coñecidas e agardadas polas entusiastas do FKM é sen dúbida a Zombiewalk, a Marcha Zombie, que nesta ocasión celebra a súa 4ª edición e estará protagonizada polas personaxes do Circo dos Horrores. A oferta do Festival será completada, como anunciabamos ao inicio, por unha serie de sesións vermú e Feira do Terror, que terán lugar en distintos locais da rúa San Roque.

Para non perder o fío do Festival, antes que poidas perder a cabeza, aquí deixamos a programación completa.

21Outubro21:00Inauguración FKM 201421:00 San Francisco, 27, 15001 A CoruñaFundación Luis SeoaneEvent Type :AudiovisualInauguracións
22Outubro - 26Todo o díaExposición: Reflejos del abismo(Todo o día) San Francisco, 27, 15001 A CoruñaFundación Luis SeoaneEvent Type :Exposicións
23Outubro - 24Todo o díaFreakmacine: Concurso Internacional de Curtas(Todo o día) 10 Durán Loriga, A CoruñaCGAI FIlmoteca de GaliciaEvent Type :AudiovisualEncontrosFeiras e Festivais
23Outubro - 24Todo o díaFreakmacine: Homenaxe a Sade(Todo o día) 10 Durán Loriga, A CoruñaCGAI FIlmoteca de GaliciaEvent Type :AudiovisualFeiras e Festivais
23Outubro23:00Freakmacine: Wax23:00 Avenida Alférez Provisional, 3. 15003 A CoruñaCantones cinesEvent Type :AudiovisualFeiras e Festivais
24Outubro - 23Outubro 2423:00Outubro 23- 01:00Freakmacine: Asmodexia23:00 Avenida Alférez Provisional, 3. 15003 A CoruñaCantones cinesEvento organizado por: Event Type :AudiovisualFeiras e Festivais
25Outubro - 26Todo o díaFreakmacine: FKM infantil(Todo o día) Avenida de Arteixo, 171. A CoruñaMuseo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa - MACEvent Type :AudiovisualFamiliarFeiras e Festivais
25Outubro - 26Todo o díaFreakmacine: sesión vermú(Todo o día) Calle San Roque, 9 15002 La CoruñaUptownEvent Type :EncontrosFeiras e FestivaisMúsica
25Outubro18:00Freakmacine: The Theatre Bizarre18:00 10 Durán Loriga, A CoruñaCGAI FIlmoteca de GaliciaEvent Type :AudiovisualFeiras e Festivais
25Outubro18:00Freakmacine: Zombiewalk18:00 Cantón Grande, 24, A CoruñaFundación AbancaEvent Type :Feiras e Festivais
26Outubro18:00- 18:00Freakmacine: Clausura18:00 - 18:00 Avenida de Arteixo, 171. A CoruñaMuseo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa - MACEvent Type :AudiovisualFeiras e Festivais

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>