“Lejos del mundanal ruido”, “Jurassic World”, “La finestra di fronte” e “Pasolini”

Aínda que non precises de escusas para gozar do cine, dadas as previsions meteorolóxicas para este fin de semana seguro que agradeces un pouquiño máis as  nosas recomendacións 😉

lejos del mundanal ruido

LEJOS DEL MUNDANAL RUIDO

A nosa ESTREA RECOMENDADA da semana.
Dramón romántico, ambientado no século XXI, xeneroso en amores imposibles e loita de clases pero coa gran novidade de estar protagonizada por unha muller orgullosa e independiente, moi adiantada á súa época.

Podes vela nos Cantones Cines | + Info

 

JURASSIC PARK

ESTREA ‘FLOCOMILLEIRA’ da semana 😉
Por cuarta vez, os humanos enfrentanse os temidos dinosauñoios creados a partir de ADN. Continúa a saga de Steven Spielberg (esta vez como produtor) para desfrute dos que buscan acción, sustos e espectaculares recreacións de grandes bichos. Recordade: se algo vos persigue… corredeee!!

En Cantones Cines, Cinesa Marineda City, Yelmo Rosales, Yelmo Espacio Coruña. | + Info

 

LA FINESTRA DI FRONTE

Unha boa oportunidade para ver CINE DISTINTO.
Film italiano protagonizado por unha parella felizmente casada que se atopa un bo día cun anciano desmemoriado ao que deciden levar a casa. Nada será igual dende entón…

Podes disfrutala en v.o.s. e a un precio super low cost (1,50€) no Fórum Metropolitano  | + Info

 

PASOLINI

Imprescindible BIOPIC para comprender a figura dun dos directores máis complexos do cine europeo. Con dirección e guión de Abel Ferrara e cun gran William Dafoe recreando ao director italiano.

Na sala de proxeccións do CGAI. En V.O.S. e tan só por 1,20€! | + Info

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>