Festival Marea Alta: A festa do mar

 A primeira edición do Festival Marea Alta, pioneiro en España polo seu carácter multidisciplinar, chega á Coruña para converter a cidade nun centro do mar.

RP Marea Alta

A Teniente de Alcalde da Concellería de Cultura, Ana Fernández, presentou o Festival Marea Atlántica. Foto: Lucía Pita.

A Concellería de Cultura da Coruña presentou hoxe o Festival Marea Alta, dedicado ao mar, que terá lugar na cidade entre 16 e o 21 de setembro.

O Festival Marea Alta nace co ánimo e o obxectivo de se converter nun referente, foro para a participación e punto de encontro para fomentar a concienciación da importancia que o mundo mariño ten sobre nós. Trátase dun festival pioneiro en España, creado á medida, que pretende facer reflexionar a toda a cidadanía, mesturando arte, divulgación e ciencia, actividades lúdicas e obradoiros artísticos.

Na presentación destacouse que este encontro busca “celebrar o mar como fonte de vida, fomentar a Coruña como destino turístico e converter a cidade nun lugar de encontro e debate, así como visualizar o traballo dos nosos museos científicos no ámbito nacional”

O Festival Marea Alta está organizado por Caravan Proyectos de Cultura e Crearte Servizos Culturais, sendo o principal patrocinador o Concello da Coruña, participando no proxecto a Concellería de Cultura, a de Turismo e Medio ambiente.

Tamén contará coa colaboración de outras entidades como a Secretaría Xeral do Mar da Concellería de Mar e Medio Rural e Mariño; National Geographic; Marine Stewarship Council (MSC); Ecoembes; Mr. Goodfish; Paisaje Limpio e a lonxa do porto da Coruña.

Aínda con parte do programa sen desvelar, pódense adiantar algúns dos pratos fortes do Festival Marea Alta como son: unha exposición do recoñecido fotógrafo naturalista Daniel Beltrá, sobre a catástrofe do Golfo de México provocada polos escapes na plataforma da petroleira BP no 2010; a arte activista do colectivo surfeiro Skeleton Sea, que utilizan os residuos que atopan no mar para crear; ou os obradoiros fotográficos impartidos por Juan Pablo Moreiras e Mr. Goodfish.

Escultura realizada por Skeleton Sea a partir de residuos atopados no mar.

Escultura realizada por Skeleton Sea a partir de residuos atopados no mar.

Ademais tamén haberá obradoiros e actividades para a toda a familia, proxeccións de prestixiosos documentais e mesas de debate sobre a situación actual dos océanos e a industria que os rodea.

As actividades terán lugar en diferentes espazos da cidade como: o Kiosko Alfonso, Palexco, Domus, Acuarium Finisterrae ou a mesma lonxa do porto coruñés.

A celebración do Festival Marea Alta coincide no tempo co Congreso Internacional do Consello Internacional da Exploración do Mar, -ICES, nas súas siglas en inglés-, que congregará no Palexco, do 15 ao 19 de setembro, a multitude de científicos chegados de todas as partes do mundo.

Todas as iniciativas e actividades son gratuítas, aínda que existirá un proceso de pre-inscrición.

A continuación deixamos un adianto do programa, esperando confirmación de horarios e próximas novidades. Medre o mar!

Exposicións

  • Do 16 de setembro ao 2 de novembro - Skeleton Sea.

Lugar: Sala de exposicións de Palexco.

Skeleton Sea é una exposición realizada por diferentes artistas internacionais que constrúen esculturas de gran tamaño con refugallos recollidos en praias de diferentes lugares do mundo.

  •  Do 16 de setembro ao 2 de novembroSpill- do fotógrafoDaniel Beltrá.

Lugar: Kiosko Alfonso

Daniel Beltrá é un recoñecido fotógrafo español afincado en Seattle, que durante 20 días e subido a un hidroavión documentou a grave catástrofe ecolóxica producida no Golfo de México durante o 2010.

Spill, Daniel Beltrá en Festival Marea Alta

Golfo de Mexico, Louisiana (USA). Maio 2010. Foto: Daniel Beltrá.

 Programa educativo

Durante o tempo no que as exposicións estean abertas ao público, realizaranse visitas guiadas e organizaranse actividades para escolares.

  • Do 19 ao 21 de setembroUn agasallo do mar: Preservando os océanos en familia.

Lugar: Sala de exposicións de Palexco

Obradoiro para toda a familia cos artistas de Skeleton Sea que impartirán un taller de creación a partir de residuos encontrados nas praias.

  • 18 de setembroDefender a natureza: Paixón e profesión.

O fotógrafo e activista Juan Pablo Moreiras manterá un encontro con mozos e mozas da cidade, amantes da natureza, que aspiren a facer da fotografía a súa profesión.

Proxeccións

Lugar: Domus

  •  17 de setembro – Objetivo: Salvar los océanos, de Nathional Geographic.
  • 18 de setembro – Los tiburones de las islas Pitcairn, de Enric Sala.
  •  20 de setembroMar de un bosque encantado, de Jorge Candán

Encontros e debates

  • 16 de setembro – Da Pasión á acción: Así nace o Skeleton Sea.

Lugar: Palexco

  • 17 setembro – Arte surf e activismo.

Lugar: Kiosko Alfonso e Palexco

  •  17 de setembro – Sinerxias e alianzas para preservar o mar.

Lugar: Domus

  •  18 de setembro – Encontro científico co Instituto Español de Oceanografía (IEO): Pasado e presente dos océanos.

Lugar: Domus

  •  19 de setembro – Café con Mr. Goodfish: Revelacións mareantes na mesa dun mar.

Obradoiros

  • 19 de setembro – Fotografía de proxectos de conservación. Impartido por Juan Pablo Moreiras

Lugar: Kiosko Alfonso

  • 18, 20 e 21 de setembro – Perseguindo A Mr. Goodfish.Mr goodfish

Gastronomía e Mercado do mar.

  • 19 ao 21 de setembro – Mercado do mar

Lugar: Xardíns de Méndez Núñez.

O Mercado do Mar conta coa colaboración da Secretaría Xeral do Mar, e será momento para presentar produtos mariños e realizar obradoiros e catas gastronómicas.

 

 

 

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>