Primeiro Mercadillo de Arte Solidaria

6 - 30Agos

Primeiro Mercadillo de Arte Solidaria (Todo o día) San Andrés, 28. 15003 A CoruñaARGATipo de evento:Exposicións

A Asociación de Artistas Plásticos Galegos realizará unha mostra a prol da Cociña Económica da Coruña.

Arga 2

Son case 40 oas autores galegos recollidos nesta mostra. Foto: Daniel Fernández

Hoxe abrirá ao público na Galería de ARGA (Asociación de Artistas Plásticos Galegos) o Primeiro Mercadillo de Arte Solidaria, en recoñecemento aos máis de cen anos de labor cos máis desfavorecidos realizado pola Cociña Económica da Coruña.

Na inauguración, que terá lugar ás 20.00 h, estarán presentes o presidente de Arga, Carlos Pereira e o presidente da Cociña Económica Alberto Martí. Trátase dunha mostra solidaria que recolle unha ampla variedade de obras de arte contemporánea, en pequeno formato, realizadas por preto de 40 artistas galegos.

ARGA3

As obras expostas son principalmente acuarelas e traballos en papel. Foto: Daniel Fernández

Este é o primeiro mercadillo que ARGA realiza durante as datas estivais, dentro do seu espazo da rúa de San Andrés, iniciativa que xorde logo da boa acollida que tiveron o Mercadillo de Arte de Nadal e a Feira de Artes Plásticas da Coruña, que rematou recentemente.

A mostra estará aberta a todos os visitantes ata o próximo 30 de agosto, no espazo que ARGA ten no número 28 da rúa San Andrés. Parte do recadado terá un fin solidario, apoiando o labor da Cociña Económica coruñesa.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>