Plataforma14, a nova sala de exposicións do Fórum para proxectos de creación xuvenil

A exposición inaugural será Narracións visuais composta por obras de 12 alumnos da ESAD Pablo Picasso e poderase ver ata finais de xaneiro de 2015

O Fórum Metropolitano dedicará a súa nova sala, Plataforma14, a acoller proxectos artísticos xuvenis. Foto: Chano Amado.

O Fórum Metropolitano dedicará a súa nova sala, Plataforma14, a acoller proxectos artísticos xuvenis. Foto: Chano Amado.

O Centro Municipal de Información Xuvenil (C.M.I.X), pertencente á Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude, pon en marcha a sala de exposicións Plataforma14 co fin de crear un espazo vinculado á creación e cedela á mocidade e colectivos de ámbito xuvenil, así como a centros educativos e entidades vinculadas coa arte emerxente.

Nesta sala, situado no Fórum Metropolitano, exporanse proxectos artísticos pertencentes, en sentido amplo, ao ámbito das artes visuais: debuxo, escultura, instalacións artísticas, fotografía, ilustracións, perfomances, pintura, videoarte, etc

A cesión da sala será gratuita e ademais está dotada de iluminación, sistema de suxeición e soportes adecuados para a exposición de artes plásticas e/ou multimedia.

A exposición inaugural, Narracións visuais, presenta unha selección de obras do alumnado da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso realizadas en distintas técnicas e formatos. Esta exposición é un compendio de historias narradas cos recursos e os procedementos propios das distintas disciplinas artísticas, recorrendo temáticas como a historia da cidade, transparencias e reflexos, as leccións da Nai Natureza, universos femininos, etc

Toda a información sobre este novo espazo poderase obter no Centro Municipal de Información Xuvenil situado no Fórum Metropolitano, chamando ao 981.18.42.94, ou na páxina web www.coruna.es/nex

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>