A pel sen esqueleto de Misha Bies Golas

O sábado 21 a Fundación Luis Seoane inaugura a mostra A pel sen esqueleto. O Centro inicia así o proxecto Crónicas na Seoane anunciado o pasado mes de maio.

 

21 - 12Xuño

Exposición: A pel sen esqueleto(Todo o día) San Francisco, 27, 15001 A CoruñaFundación Luis SeoaneTipo de evento:Exposicións

misha bies golasRecuperar a figura do multidisciplinar Luis Seoane, visualizando as distinas liñas e campos nos que o artista desenvolveu o seu traballo. Partindo desta premisa anunciada na presentación da programación da tempada, Crónicas na Seoane nace co obxectivo “de producir e divulgar o coñecemento da cultura e a arte galega e universal”, segundo informa a mesma Fundación. A través do proxecto, o centro apostará pola vinculación de novos artistas á Fundación, on ben a través do legado de Luis Seoane ou con outros aspectos relacionados coa institución.

O multidisciplinar Misha Bies Golas (Lalín, 1977), formado en fotografía e deseño, presenta en A pel sen esqueleto traballos realizados en relación coa obra gráfica de Luis Seoane e arquivo da Fundación. Bies Golas será o primeiro en formar parte desta nova iniciativa cultural, nomeada en homenaxe ao Luis Seoane xornalista. Estas Crónicas constarán de proxectos expositivos e conversas do artista protagonista con axentes culturais galegos. Nesta ocasión, Bies Golas participará nun encontro con Manolo Figueiras o mesmo sábado 21, ás 12.30, no salón de actos da Fundación.

A pel sen esqueleto é a segunda mostra dende a chegada de David Barro á dirección da Fundación Luis Seoane. A obra de Bies Golas compartirá tempo e protagonismo coa exposición Juliao Sarmento. Guest or Hold? ata o mes de outubro.

bies golas

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>