Os heroes tamén teñen vida

Seica unha (ou un) non pode ser unha estrela ou facer o mal 24/7: tamén ten dereito a facer selfies riquiños. Protagonistas e viláns teñen vida fóra dos cómics en ‘Homenaxe aos nosos heroes’.

The amazing selfie.  Jorge Villot

Spiderman protagoniza The amazing selfie. Miguel Golmayo.

Ou polo menos esa é a idea que presenta a mostra colectiva Homenaxe aos nosos heroes, na que profesionais da ilustración amosas esceas da vida cotiá das personaxes más recoñecidas da banda deseñada. Así, coñecerás o xeito que ten o Doctor Octopus na cociña, que non ir a modiño co Batmovil ten as súas consecuencias fóra do horario laboral e que Spiderman tamén é adicto aos selfies.

Doctor Octopus con las manos en la masa

O Doctor Octopus Coas mans na masa. José Villot.

Homenaxe aos nosos heroes é unha mostra ten lugar no Café de Macondo anualmente, no marco do salón do cómic da cidade, Viñetas desde o Atlántico. Este ano a exposición celebrou a súa terceira edición entre o 4 e o 28 de agosto e participaron dezaseis profesionais da ilustración: María AlvarezAna Castiñeiras, Adrián DocampoPaula Esteban BlancoMiguel Golmayo LabradorJorge PeralDavid García LópezRoberto Martínez SolerAlejandro Pérez, Xulia Pisón EgeaDavizRebeca V. Bernardo e José Villot.

Durante todo o mes de setembro poderás vela no Tío Ovidio, o mítico local da rúa Orzán. Ou tamén podes botar unha ollada á galería virtual da mostra no seu blog.

charlie brown snoopy maría álvarez

Snoopy e Charlie Brown teñen Un día de cadelos. María Álvarez.

 

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>