O bosquexo do mundo

O Bosquexo do Mundo é unha mostra colectiva de vinteún artistas de Galicia e do norte de España.

13 - 25Marz

Exposición: O bosquexo do mundo(Todo o día) 27 San Francisco, A CoruñaFundación Luis SeoaneEvento organizado por: Fundación Luis Seoane Tipo de evento:Exposicións

A Fundación Luís Seoane convírtese ata o 25 de maio en xornadas de portas abertas do obradoiro dos creadores visuais. Hai que conter as ganas de sacar os zapatos e sentir certo rubor ao adentrarse no persoal dos primeiros pasos que dan as obras de arte antes de chamarse desde xeito a si mesmas.

Teo Soriano. Sin título, 1994-2012. Instalación

Teo Soriano. Sin título, 1994-2012. Instalación. Foto: Fundación Luís Seoane.

En O bosquexo do mundo non se sabe certamente se o bosquexo se transformou en peza artística ou se esa peza en realidade é un bosquexo inacabado. A creación contemporánea galega amosa a súa sala de turbinas para facernos parte dela.

Os comisarios Ángel Cerviño e Alberto González-Alegre seleccionaron cadernos, recortes de xornais, documentos audiovisuais, lenzos, cadros, anotacións en follas e pezas inacabadas para permitirnos ensuciar as mans e as roupas como farían os propios autores. Insírenos no proceso e convídanos, con O Bosquexo do Mundo, a aportar as nosas reflexións, a ver os camiños distintos que podía ter percorrido a obra ata a súa fase final.

Unha representación de vinteún artistas de Galicia e do norte de España fíanse desde os seus estilos distintos con cadernos de Luís Seoane, quen acolle na súa casa este laboratorio do pensamento artístico. Para dar que pensar.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>