O artista que fala pintando

22 - 5Maio

Exposición: Jaime tenreiro(Todo o día) Calle Montroig, 4, 15001 La CoruñaMonty4Evento organizado por: Tipo de evento:Exposicións

A obra de Jaime Tenreiro estará exposta na galería de arte contemporánea Monty4 ata o vindeiro 5 de xullo.

Onte inaugurouse na galería Monty4 a exposición do pintor Jaime Tenreiro. Compoñen a mostra unha serie de óleos realizados polo autor nos dous últimos anos. “En algunos cuadros todavía se nota fresco el aceite”, confesa o artista.

Jaime tenreiro

Foto: D.F

A obra de Jaime Tenreiro foi presentada polo escritor Xavier Seoane, quen se referiu a Jaime definíndoo como “un artista libre de gran riqueza interior”. Na mostra obra exposta na rúa Monteroig, o autor ofrece unha combinación de diferentes estilos artísticos. Como temas atopamos referencias á mitoloxía clásica, escenas apocalípticas, pero tamén realidades cotiás.

Todos estes mundos gardan e comparten un pouso común: ironía e transgresión coa moral establecida. Cada un dos cadros que forman parte da exhibición expresa esa retranca que ben coñecemos os galegos.

Jaime Tenreiro exprésase a través do pincel. “Solo soy un pintor que pinta, las cosas que me salen. No sé bien como explicarlo. Si lo que se me diera bien fuese hablar, escribiría o estaría en otro sitio. Pero yo pinto”, conclúe humildemente o artista.

A exposición poderá visitarse ata o 5 de xullo.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>