Do mar a Hollywood, Cine con Agallas no Ágora

A mostra Cine con agallas exhibirase no Centro Cultura Ágora do 16 ao 30 de setembro dentro do programa do Festival Marea Alta.

Pulpo Fiction

Cartel Cine con agallas promovido por MSC. Título: Pulpo Fiction.

O Festival Marea Alta presenta unha nova exposición dentro da súa programación, Cine con agallas. Unha exhibición na que humor e compromiso mestúranse para que as especies mariñas se transformen en auténticas estrelas de Hollywood.

A mostra promovida polo organización internacional sen ánimo de lucro Marine Stewardship Council (MSC), centrada na promoción e certificado de practicas de pesca sostibles, asi como no ecoetiquetado de produtos do mar, pretende atraer a nosa atención sobre a necesidade de fomentar a pesca e hábitos de consumo responsables.

 Neste contexto e en clave de humor, as mulleres de Almodóvar acaban por ser Merluzas al borde de un ataque de nervios, o clásico de Spielverg convértese en Salvar al bacalao Ryan, e o doutor Hannibal Lecter actuará en El silencio de las caballas.

Salvar al Bacalao Ryan

Cartel Cine con agallas promovido por MSC. Título: Salvar al bacalao Ryan.

En total serán 11 os carteis que o público poderá ollar do 16 ao 30 de setembro, no Centro Cultural Ágora.

Con motivo de Cine con agallas o Festival Marea Alta propón ás persoas interesadas un novo xeito de celebrar o mar, con enxeño, retranca e humor, xa que está previsto que se convoque un concurso nas redes sociais do Festival na que os participantes poderán crear os seus propios carteis e formar parte desta mostra de Cine con agallas.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>