Llueve, de Óscar Cabana

16 - 26Maio

Exposición: Óscar Cabana(Todo o día) Calle Novoa Santos, 13, 15006 A CoruñaAtlántica Centro de ArteTipo de evento:Exposicións

Visión do noso colaborador Xacobe Meléndrez sobre a exposición de Óscar Cabana, exposta no centro de arte Atlántica ata o próximo 26 de xuño.

Óscar Cabana amosa nesta exposición a súa evolución como pintor hiperrealista con claras influencias de Antonio López.  Pinturas en branco e negro con algunhas notas de cor, nas que se materializa a loita entre o cartesiano e a abstracción;  trazos vermellos rectangulares ou informes nunha ilusión de escritura e un tímido achegamento a Pollock, no tránsito círculos, pegadas de botes na mesma cor.

Salvador Corroto e Óscar Cabana. Foto: Xacobe Melendrez

Salvador Corroto e Óscar Cabana na inauguración de Llueve. Foto: Xacobe Melendrez

Vemos eiquí as rúas molladas da Coruña, nuns grises de ceos e construccións delimitados polas sombras negras e as pinturas brancas do asfalto. Sobresae orde e composición, nas que deixa ver a súa formación como arquitecto. Verticais sempre paralelas, horizonte moi definido xogando formalmente cos puntos de fuga que trazan as complementarias diagonais. Todo ese tratamento frío contrasta coa plástica plasmación da auga sobre o chan, coa que experimenta acadando gran efectismo.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>