Juliao Sarmento: invitado ou anfitrión?

A Fundación Luis Seoane acolle a primeira mostra individual do artista portugués Juliao Sarmento en Galicia, inaugurando tamén a nova etapa da Fundación co comisario e crítico de arte David Barro como director da mesma.

Juliao Sarmento e David Barro na Fundación Luis Seoane.

Juliao Sarmento e David Barro na Fundación Luis Seoane. Foto: LP.

Juliao Sarmento. Guest or host? é unha mostra con carácter retrospectivo sobre a obra do artista portugués. “Esta exposición é como ler varios libros á vez de distintas etapas, anos, formatos” de Sarmento, explicou o director da Fundación durante a presentación. A exhibición contén unha treintena de pezas nas que pódense observar as distintas liñas de traballo do autor: pintura, fotografía, instalacións, vídeo e performance. “Un carácter poliédrico”, segundo Barro, “co que podería establecerse relación tamén con Luis Seoane”.

sarmento na luis seoane

Forget Me (with bucket), 2006. Foto: L. P.

Barro confesouse admirador da obra do artista portugués (Lisboa, 1948). “Hai artistas dos que che gusta prácticamente todo o que fan, e Sarmento é un deles”. No percorrido para entender a mostra de Juliao, na que atopamos obras dende os anos 80, Barro destacou as obsesións e insistencias do artista sobre o acontecido, a súa memoria e as referencias literarias, musicais. Tamén o papel da vexetación e da arquitectura na obra, e o enigmático do seu traballo indo máis aló da imaxe. Unha visión que quere compartir co mesmo título da mostra, “xa que nunca sabemos en que lugar se atopa situado o artista”, se invitado ou anfitrión. Un enigma que tamén atopamos na presentación que Sarmento fai da muller, fundamental na súa obra: unha muller xenérica, sen rostro, “unha que é todas as mulleres”.

Juliao Sarmento, Guest or Host? é a tamén a primeira mostra que se celebra xunto ao Centro Atlántico de Arte Moderno de As Palmas de Gran Canaria. Tanto o seu director, Omar Pascual Castillo, coma Barro, destacaron a importancia da colaboración entre as dúas institucións. O “prólogo” dunha relación encamiñada á creación dunha rede de museos atlánticos.

A exhibición, que pode visitarse dende hoxe ata o 28 de setembro, compleméntase cun amplio libro sobre o proxecto, indo máis aló dun sinxelo catálogo. Unha novidade anunciada por David Barro nesta nova etapa da Fundación, na procura de fortalecer o carácter editorial da mesma impulsando a producción xunto á apertura da biblioteca do centro ao público.

Juliao Sarmento

A Fundación Luis Seoane acolle a mostra Juliao Sarmento. Guest or host? ata o 28 de setembro. Foto: LP.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>