Drink & Draw: conversa, debuxa, coñece.

Os Drink & Draw son encontros informais entre debuxantes, profesionais ou amateurs, que xiran ó redor do que máis lles gusta facer: debuxar.

14Maio

Drink & Draw no Passepartout Beerhouse20:00 Paseo de los Puentes, 14. A CoruñaPassepartout BeerhouseTipo de evento:Familiar

Lapis na man, crean e ilustran acompañados por unha taza de café, refresco ou cervexa. A iniciativa debe o seu nome a un grupo de ilustradores estadounidenses, o Drink & Draw Social Club, que tras quedar unha morea de ocasións e visitar numerosos bares debuxando, editaron as súas propias publicacións e crearon tendencia en cidades de todo o mundo.

colectivo miñoco

Colectivo Miñoco

Na Coruña é o colectivo de ilustradores Miñoco (formado por Jorge Peral, David Guevara, María Álvarez, Elena Valverde, Yago García, Alberto Fernández e Alejandra Pérez) o que dende hai un tempo ven organizando estes eventos nos que o debuxo serve coma excusa para socializar e disfrutar garabateando. “Gustounos a idea e importámola”, explica María Álvarez. As anteriores edicións celebráronse no Maricastaña, Alfaiate, Alita Comics (a edición Drink & Draw Comics) ou no Café Universal , que na sexta ocasión repite como lugar de reunión dos lapis e papeis.

É un evento pensado para os amantes do debuxo. Nin é obrigatorio facer unha peza especial, nin é imprescindíbel ser un ilustrador recoñecido: o importante é ter ganas de pasar un bo rato debuxando. Non hai un tema protagonista, se non que vai xurdindo á medida que desenvólvese o encontro. Os participantes poden facer novas creacións, ou formar parte nos mashups que preparan dende Miñoco. “Cada participante, se quere xogar con nós, escribe un tema e obxecto nun papel”, comenta María. “Logo imos fusionando conceptos en cada ronda. Facemos cadáveres exquisitos e o que se nos poña por diante”. Na vindeira edición a temática terá relación co mundo dos viaxes no cine e na literatura, co gallo de celebrarse no marco dunha exposición.

Ademáis da boa intención, o que si deben levar os participantes é o seu propio material e, por suposto, ganas de compartir algo máis que unha sinxela, que non simple, taza de café.

Drink & draw viajes ilustrados

O Colectivo Miñoco organiza un novo Drink & draw co gallo da exposición Viaxes ilustrados

Pin It

Un comentario sobre “Drink & Draw: conversa, debuxa, coñece.

  1. Me parecen iniciativas muy frescas,dinamicas y divertidas .
    Me gustaría ofrecer mi local para este tipo de eventos,reuniones,o simplemente para socializar.
    Gracias!
    Melania Busto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>