“Vínculos” de Helena Segura Torrella

14 - 9Marz

Exposición: Vínculos(Todo o día) 12 Olmos, A CoruñaMoret ArtTipo de evento:Exposicións

“Vínculos” é a última exposición que a fotógrafa ferrolana Helena Segura Torrella presenta  no Espazo Moret Art  da Coruña ata o 9 de maio.

 

Fiel ao seu universo persoal presenta imaxes pechadas en si mesmas pero que suxiren múltiples interpretacións. As súas fotografías-historia, son lendas que nos envolven en atmósferas con referencias á liguaxe cinematográfica. Están construidas con minuciosidade a través dunha mui pensada iluminación é unha exhaustiva dirección dos persoaxes. A escea detense nun tempo indeterminado, en decorados de estudo ou exteriores fortemente intervidos polas luces, e mantén a tensión sobre unha acción que perturba ao espectador,  abocado a resolvela no tempo, deducindo o que pasou e proxectandoa cara ao futuro.

Inevitable buscar as súas referencias entre outras grandes fotógrafas que renuncian á pretendida autenticidade da fotografía, que renegan do documentalismo na súa obra e optan por construir a imaxe,  como Tracey Moffatt ou Cindy Sherman que percorren ese camiño indagando no individual, ou o traballo de Jeff Wall  ainda que este, utilizando recursos semellantes, vira o seu encadre cara a identidade máis colectiva,  remexendo nas señas propias da comunidade.

Nun rincón barroco da exposición, calificativo que tamén se podería usar para adxetivar algunhas das suás fotografías, sitúa unha pequena colección de retratos fundamentados  nun estudo  psicolóxico do persoaxe, imaxes nas que teñen peso fundametal os ollos (abertos ou pechados), a mirada , sen esquecer unha escenografía cuidadosamente elexida para cada un.

Helena Segura

“Vinculos” de Helena Segura. Fotografía: Xacobe Meléndrez

Pin It

Un comentario sobre ““Vínculos” de Helena Segura Torrella

  1. Pingback: Tres miradas con-partidas

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>