Contra vento e madeira, a forza expresiva de Antón Sobral e Enrique Tenreiro.

Contra vento e madeira, a exposición conxunta de Antón Sobral e Enrique Tenreiro, podrerá ser visitada na Coruña do 3 ao 10 de setembro na Galería Arte Imagen.

3Setem20:00Inauguración Exposición : Contra vento e madeira20:00 c/ Ramón y Cajal nº 5 La CoruñaGalería de arte ImagenEvent Type :ExposiciónsInauguracións
Enrique Tenreiro

Enrique Tenreiro tras a montaxe da exposición de Contra vento e madeira. Foto: Daniel Fernández.

Hoxe terá lugar a inauguración da exposición Contra vento e madeira na Galería de Arte Imagen. Trátase dun proxecto conxunto do pintor pontevedrés Antón Sobral e o escultor coruñés Enrique Tenreiro. A mostra, que vén de estar exposta en Santiago durante todo o verán, permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 10 de setembro para posteriormente trasladarse a Ferrol.

O nome da exposición, Contra vento e madeira, ten un dobre significado para Enrique Tenreiro. Por unha banda o nome esta relacionado coa obra de ambos. “Antón pinta moito sobre o mar e as nubes. A miña escultura é moi orgánica e abstracta, formas que poderían ser células, organismos vivos abisais. Eu busco o movemento, as curvas que hai na vida. Por outro lado tamén penso que somos dúas almas solitarias e rebeldes. Gústanos ir contra todo. É un dobre xogo”, confesa o escultor.

contra vento e madeira

Exposición Contra vento e madeira. Foto: Daniel Fernández.

Tenreiro contounos que a colaboración para levar a cabo esta exposición xurdiu da amizade, “unha amizade que nace a partir dos encontros que Antón Sobral realiza sobre natureza e arte en diferentes puntos de Galicia. Sinto admiración por el como artista e como persoa”.

A mostra só poderá ser visitada durante sete días.  Suficiente segundo Enrique, tanto como para vender como para ser visitada. “A partir de sete días os que chegan son os que andan perdidos pola rúa”, afirma.

Polo tanto, se non queres ser un deses “perdidos pola rúa” debes lembrar que a inauguración de Contra vento e madeira terá lugar ás 20.30h na Galería de Arte Imagen, na rúa Ramón y Cajal núm. 5.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>