Cinto e Förg na Fundación Luis Seoane

A Fundación Luis Seoane inaugura dúas mostras comisariadas polo seu director, David Barro, nas que poderemos coñecer a obra da brasileira Sandra Cinto e do alemán Günther Förg.

A obra de Günther Förg chega á Fundación Luis Seoane

A obra de Günther Förg chega á Fundación Luis Seoane.

Desde o vindeiro día 16 a Fundación Luis Seoane acollará dúas exhibicións de artistas internacionais de renome. Por unha banda, atoparemos unha mostra do traballo de Günther Förg,  unha das primeiras exposicións do pintor abstracto dende o seu falecemento no pasado mes de decembro e, concidindo no tempo, unha instalación da brasileira Sandra Cinto, grazas á colaboración do Matadero de Madrid.

Xa no pasado mes de maio a Fundación Luis Seoane anunciaba unha nova liña de traballo: a colaboración do centro con outras institucións culturais co gallo de lograr unha maior proxección rexional e internacional. A instalación En Silencio de Cinto (Sao Paulo, 1968) chega deste xeito á nosa cidade tras expoñer desde o pasado mes de xullo no espazo de Legazpi. En Silencio é unha instalación que presenta un espazo de traballo, coa ausencia do artista, pero amosa a dureza do acto creativo. Sandra Cinto é unha das artistas brasileiras con maior proxección internacional. Traballa no eido da pintura, o debuxo, a escultura ou a instalación entendendo a arte como unha forma de resistencia.

Por outra banda atoparemos  Verfolgen Marelei (perseguir a pintura) unha colección de más de cincuenta obras do fotógrafo e pintor Günther Förg (Alemania, 1952-2013), finado o pasado mes de decembro. Son pezas realizadas desde os 80 polo artista e foron cedidas para esta ocasión por coleccionistas privados e institucións.

En Silencio, instalación de Sandra Cinto

En Silencio, instalación de Sandra Cinto. Fundación Luis Seoane.

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>