Chega Autobán, o minifestival de autoedición e banda deseñada

Achégase a estrea de Autobán, o minifestival de autoedición e banda deseñada de autor. Esta fin de semana celebrará a súa primeira edición na Coruña.

8 - 9Agos

Autobán, microfestival de autoedición e banda deseñada.(Todo o día) Alfonso VII, 15. A CoruñaThe RoomTipo de evento:CharlasEncontrosFeiras e Festivais

Robot AutobánMes de agosto, mes do cómic. Só faltan uns días para a celebración de Autobán, pero xa coñecemos o programa completo deste microfestival. Unha cita que, malia ser a súa primeira edición, é moi agardada por profesionais e afeccionados da novena arte de toda Galicia.

Autobán pretende amosar as propostas da banda deseñada que se atopan fóra do circuito comercial, xerando un punto de encontro onde ensinar, promover e vender estes proxectos. Propón distintas actividades dirixidas ao público, como un combate de debuxantes, o mercado de fanzines e banda deseñada de autor, o PechaKucha de autoedición, as charlas e tamén unha sesión vermú.

O minifestival de autoedición é unha iniciativa da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) na que colaboran THE ROOM e o bar Old School. Aínda que a imaxe é de José Domingo (coñecido pol@s lectores de Vivir na Coruña), o deseño do festival e na primeira liña de fogo como voceiro,  atópase Bernal Prieto (Barbamigos), tamén coñecido por nós, xa que foi un dos ilustradores protagonistas do Ninonino.

Combate de debuxantes

combate debuxantes AUTOBANO combate de debuxantes é unha das propostas máis singulares de Autobán. Oito ilustradores (Branda, Kike J. Díaz, Luis Yang, Perrilla, Santy Gutiérrez, Sekone, Xulia Vicente e Yago García) amosarán a súa destreza co papel diante do público nun espazo acondicionado para a ocasión, cun mestre de cerimonias de excepción, David Rubín; un ilustrador aos pratos, Roque Romero, e dous adestradores que axudarán aos competidores e que animarán o voto do público: Ghosttthead e Óscar Iglesias.

Mercado de Fanzines

Unha iniciativa para amosar, promover e vender todos os traballos de trinta autores e colectivos que se moven por fóra do circuito comercial. Pódese ver o listado completo de participantes neste enlace.

Charlas

Autoban outros roles de xénero no comicO Autobán achegará o sábado 9, novos puntos de vista sobre o mundo da banda deseñada e da autoedición, a través dunha serie de mesas redondas e charlas. A primeira, promovida por Intermón Oxfam, sobre o seu proxecto Viñetas de Vida, para o que contaron coa colaboración de David Rubín e Miguel Ángel Giner Bou. Ás 17.30 h., moderada pola nosa compañeira Bárbara Vilariño, terá lugar a mesa titulada Outros roles de xénero no cómic, na que participarán Emma Ríos, Óscar Iglesias e Miguel Ángel Giner Bou.  A continuación, a presentadora de Metrópoles Delirantes, Nieves Rodríguez, moderará un encontro sobre Modelos e saídas da autoedición, no que partiparán José Domingo, Berto Fojo, Los Bravú e María Álvarez de Compota de Manatí.

sacoponchoPechaKucha de autoedición

20 diapositivas, e 20 segundos para explicar cada unha delas. O concepto das PechaKucha tamén chega ao Autobán, nunha sesión especial dedicada á ilustración. Será o sábado 9, ás 23 h., na que participarán Altar Mutante, Cabeza de corte aéreo, Compota de manatí, Cruel y estúpido, Eres tonto, Nordés, La Envidia Casa Taller e Historias de Rego Torto.

Outras actividades

Ademáis de todas anteriormente relacionadas, o sábado haberá sesión vermú con música en directo e, finalmente, unha festa de peche deste primeiro Autobán que, de seguro, terá unha segunda edición.

Dende Vivir na Coruña informaremos das actividades puntualmente a través da páxina web e das nosas redes sociais. Tamén podes seguir  Autobán e ter máis información na súa páxina web.

E, por suposto, podes escoitar a fantástica entrevista que @s compañeir@s de Metrópoles Delirantes fixeron a Bernal Prieto e María Álvarez.

 

8 - 9Agos

Autobán, microfestival de autoedición e banda deseñada.(Todo o día) Alfonso VII, 15. A CoruñaThe RoomTipo de evento:CharlasEncontrosFeiras e Festivais

Pin It

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>